Dispoñíbel en AGalega o último programa da primeira tempada de Raíña-Me!

venres, 12 de xullo do 2024 S. P.

O último programa da primeira tempada de Raíña-Me! xa aterrou na plataforma de AGalega. Nesta nova entrega Alexa Evans vén acompañada dunha persoa que, segundo adiantan dende Brava, “coñece moi ben as redes sociais e as tabernas” e, de feito, “ela foi a creadora da súa propia taberna virtual, e o público rindeuse aos seus pés”. Dende a produra lfan saber que “Leti da Taberna, a cuarta atrevida en entrar ao Odragoiro e converterse na mellor drag queen de todo o país”.
Ademáis desta última entrega na plataforma AGalega, están dispoñíbel contidos extras para coñecer máis dos convidadxs que pasaron por Raíña-me! nas redes da produtora deste forma, Brava, formada por Cristela Torres e Bea Villar.
Leti da Taberna é unha humorista e creadora de contido en redes sociais que conta cada vez con máis público. Actualmente está xirando co seu monólogo Enredada por toda a xeografía galega e, este mes de agosto, lánzase á aventura da radio sendo a nova colaboradora nas tardes da Radio Galega cunha sección diaria.