Dispoñible a versión preliminar do Internet Explorer 10 para Windows 7 (tamén en galego)

martes, 13 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Os usuarios de Windows 8 poden gozar dende o lanzamento do novo sistema operativo de Microsoft do navegador web Internet Explorer 10, que supón un importante avance con respecto a versións anteriores da aplicación, e do que por fin van poder gozar os usuarios de Windows 7 grazas ao lanzamento dunha versión preliminar do Internet Explorer 10 para tal plataforma, tanto en versións de 32 como de 64 bits. Podemos descargar a versión en español do navegador para Windows 7, completándoa co paquete de interface de idiomas (LIP) de correspondente se queremos que estea dispoñible en éuscaro, catalán ou galego.
Cómpre subliñar que a instalación do Internet Explorer 10 Release Preview substitúe a instalación do Internet Explorer 9, polo que non é recomendable para usuarios que non gusten de empregar produtos aínda non rematados (que poden presentar inestabilidades) e precisa para funcionar axeitadamente un equipo cun procesador dun mínimo de 1 GHz de velocidade, 512 Mb de RAM e con algúns dos Service Pack para Windows 7 instalado previamente.