Dispoñible en España o disco duro LaCie Network Space 2
luns, 16 de novembro do 2009
LaCie xa comercializa
o seu disco duro en rede Network
Space 2 con 1 Tb de capacidade por 159 euros, de xeito que facilita
a disposición dun sistema de almacenamento válido para o ámbito doméstico ou
para a PEME, que non só funciona conectándose ao ordenador por USB 2.0, senón que
tamén conta cun porto Gigabit Ethernet, de xeito que pode compartirse con toda
a nosa rede local con só conectalo ao router coma un equipo máis, centralizando
así o almacenamento de imaxes, música, vídeo e outros documentos.
O disco duro é compatible co estándar uPnP para audio e vídeo, de xeito que
facilita o acceso aos seus contidos dende dispositivos como a Xbox 36, a
PlayStation 3 ou certos reprodutores multimedia compatibles, podendo configurarse
de xeito doado grazas a un asistente.
O disco duro mide 11,7 x 19,3 x 4,5 centímetros e pesa 950 gramos.