Dispoñible en galego un vídeo que indica como solicitar un préstamo en Internet

martes, 17 de xaneiro do 2012 Raquel Noya

A plataforma Weemba.es, responsable dunha ferramenta virtual que permite poñer en contacto a particulares e empresas demandantes de financiamento coas entidades financieiras que operan en España, vén de traducir ao galego o vídeo que explica como solicitar un préstamo en Internet de xeito rápido e seguro:


Con esta iniciativa, a firma pretende acadar “un maior achegamento á poboación galega”, líder por certo en solicitude de préstamos por Internet no 2011, con máis de 5 millóns de euros do total dos 125 millóns rexistrados en Weemba.es.
O vídeo mostra as claves para solicitar un préstamo na Rede e a maneira de obter as que segundo afirman son “as mellores oportunidades de financiamento”, de xeito rápido e doado.
Esta plataforma foi seleccionada polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para fomentar o uso do DNI electrónico no sector privado, e mostrar tanto as súas posibilidades como as súas vantaxes, no marco do Plan Avanza 2.
Deste xeito, as persoas interesadas en solicitar un préstamo por Internet, ademais de facelo de maneira segura co seu DNI electrónico, pódense rexistrar nesta web cos certificados dixitais máis habituais, como o da FNMT, os das Cámaras de Comercio (Camefirma) e tamén co certificado idCat, que emite CatCert, a Axencia Catalá de Certificación.

PUBLICIDADE