Dispositivo para aproveitar as baías das disqueteiras

mércores, 11 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Os ordenadores de sobremesa contan habitualmente con espazo reservado para disqueteiras de 3,5 polgadas, e dende a tenda asiática Branco propoñen aproveitalo para instalar un dispositivo con bandexas intercambiables que serve para conectar unha interface para discos SATA de 2,5 polgadas, un concentrador USB de 4 portos ou un lector de tarxetas de memoria (CF, MS, SM, XD, SD, MMC e outras).
O orixinal dispositivo permite conectar 2 das 3 unidades de ampliación, de xeito que cada usuario pode adaptar o sistema segundo as súas necesidades. É un bo xeito de aproveitar o espazo dun equipo de sobremesa, e se vende por 69 dólares (44,85 euros) en cor prata ou negro.

PUBLICIDADE