Dispositivo para evitar chamadas telefónicas de descoñecidos
xoves, 23 de outubro do 2008
Nun momento no
que a telefonÃa fixa está en desuso, e en moitos domicilios sobrevive só porque
é precisa para a contratación de servizos de banda larga, boa parte das
chamadas que se reciben corresponden a chamadas comerciais comparables ao spam, que poden chegar a resultar
molestas, polo que no Reino Unido poñen á venda un dispositivo chamado TrueCall, que
intercepta todas as chamadas que recibamos e, valéndose da identificación de
chamada, só fai soar o teléfono cando nos chama algún coñecido, de xeito que evitamos
o a amoladura de chamadas erróneas, faxes ou sistemas automatizados.
A principal pega desta solución serÃa o seu prezo, pois o TrueCall se vende a
99,99 libras esterlinas (uns 125 euros).
Tamén existe a posibilidade de adquirir unha tarxeta de memoria para converter
o dispositivo nun gravador de chamadas telefónicas (entrantes e
saÃntes) que se poden reproducir logo no teléfono ou no ordenador. Estas
tarxetas se venden con capacidade para 70 ou 140 horas de audio por 24,99 e
34,99 libras respectivamente (31,36 e 43,9 euros).