Documentos xudiciais desvelan información confidencial de PlayStation
xoves, 29 de xuño do 2023
Actualmente
están a realizarse as audiencias do xuÃzo no que Microsoft está a enfrontarse á
FTC por oporse á compra de Activision Blizzard por parte da compañÃa de
Redmond, e destas sesións está a transcender moita información valiosa, que na
súa meirande parte reforzan as afirmacións de Microsoft e dan a entender que a
FTC non ten un coñecemento fiel do mercado (ou cando menos dá demasiada credibilidade
a certas acusacións de Sony que non deixan de ser especulacións sen
fundamento).
AÃnda que ata o momento sabÃase de documentos que indicaban acordos entre
compañÃas, estratexias comercias ou incluso intencións de compra doutros estudios
de videoxogos, a última información revelada é especialmente curiosa, xa que
trátase dun documento achegado polo director de PlayStation, Jim Ryan, na que
habÃa detalles confidenciais que deberÃan estar ocultos mediante un marcado
negro, pero que ao
dixitalizarse as páxinas esta tinta negra transparentou lixeiramente,
converténdose en toda unha filtración que achega datos moi interesantes.
Por exemplo, o documento desvelarÃa que o xogo Horizon Forbidden West
terÃa custado 212 millóns de dólares e involucrarÃa a 300 traballadores durante
5 anos, mentres que The Last of Us Parte II custarÃa 220 millóns de
dólares e involucrarÃa un 200 traballadores.
Tamén é moi interesante a información relativa a Call of Duty, franquÃa
que Sony non quere que caia en mans de Microsoft, e parece estar claro por que:
o xogo terÃa xerado 800 millóns de dólares para PlayStation nos EE.UU. en 2021,
chegando a 1.500 millóns de dólares a nivel mundial. Pero esa cantidade serÃa a
relativa unicamente ao xogo, pois ao engadir accesorios, subscricións e outras
fontes de ingresos, o volume de negocio que suporÃa Call of Duty para PlayStation
poderÃa supor 13.900 millóns de dólares (ou 15.900 millóns, pois a segunda
cifra non se pode distinguir claramente).
Outro dato que recoñece Sony é que preto da metade dos propietario dunha PS5
tamén teñen unha Nintendo Switch, mentres que o volume de posuidores dunha Xbox
Series X|S non chegarÃa ao 20%, deixando clara a posición de domingo que
PlayStation ten no mercado (e que precisamente é un dos argumentos de Microsoft
para autorizar a compra de Activision Blizzard).
