Docuten traslada en outubro a súa sede central a Hi Coruña

xoves, 26 de setembro do 2024 S. P.

Docuten, empresa tecnolóxica galega e referente en solucións de sinatura dixital e factura electrónica, anunciou o traslado da súa sede central na Coruña: en outubro deste ano, a compañía mudará dende o Polígono da Grela, onde permaneceu máis de 8 anos, ao innovador espazo de traballo Hi Coruña, situado non centro da cidade.
O traslado a Hi Coruña representa un paso estratéxico para Docuten, permitindo á empresa traballar nun contorno que fomenta a colaboración e o intercambio de ideas con outras mentes afíns. "Cremos no valor da comunidade e nas relacións que xorden de compartir espazos con outras compañías que, coma nós, apostan pola innovación, e Hi Coruña é o tipo de proxecto colectivo que estabamos agardando na cidade.", subliña Brais Méndez, director executivo (CEO) da empresa.
O Polígono de A Grela foi un contorno propicio para o crecemento de Docuten, e a empresa expresa o seu agradecemento á comunidade local, especialmente á Asociación de Empresarios local, da cal foi un orgulloso membro. "A Asociación desempeñou un papel crucial no desenvolvemento do polígono e no apoio ás empresas que aquí operan", comenta Dani Cerqueiro, responsábel de comunicación de Docuten, engadindo que este cambio “é un reflexo natural do crecemento sostido de Docuten”, que nos últimos anos converteuse en referente na dixitalización de procesos de sinatura e facturación a nivel estatal.
Actualmente, a compañía conta cun equipo profesional de 36 traballadores de diferentes perfístecnolóxicos, distribuídos por todo o territorio español.
Docuten conta cunha carteira de clientes de referencia, entre os que podemos destacar aDanone, Coosur, Estrella Galicia, Monbake, Grupo Lence, Fribin, Grupo Fuertes, Migasa,Abanca, Grupo Nabeiro.