Donkey Kong Country rexurde na Wii
xoves, 23 de setembro do 2010
Nintendo está a recuperar
con bastante éxito clásicos xogos de plataformas en dúas dimensións, coma New Super Mario Bros Wii, o que levou a seguir
o mesmo camiño cunha das mellores sagas deste xénero, de xeito que en novembro
os norteamericanos recibirán nas súas tendas Donkey Kong Coutry Returns (a data de lanzamento europea aÃnda non
foi comunicada).
O xogo de Retro Studios parece recuperar o espÃrito das anteriores entregas da
saga na Super Nintendo, e xa se coñecen moitos
detalles sobre o mesmo, como que as bananas recollidas no xogo servirán
para mercar material adicional, a illa na que se elixen as distintas zonas de
xogo será totalmente explorable en 3D e tamén fará acto de presenza o
rinoceronte Rambi, que poderá empregarse para destruÃr bloques xigantes que
limitan os nosos avances no xogo, coma podemos ver no seguinte vÃdeo: