Double Fine volve a trunfar en Kickstarter
mércores, 5 de xuño do 2013
O estudio de desenvolvemento de videoxogos Double Fine,
liderado por Tim Schafer, conseguiu
xuntar máis de 3 millóns de dólares para desenvolver unha aventura gráfica que
levará por nome Broken Age (para a
que só precisaban 400.000 dólares) converténdose nun dos meirandes éxitos da
plataforma de micromecenado estadounidense Kickstarter, e agora que ese
proxecto está a plena produción, empregando só á terceira parte do seu equipo,
decidiron que un xeito de evitar ter que despedir persoal era emprender outro
proxecto, de aà que volvan
a recorrer a Kickstarter para financiar Massive
Chalice.
A xogada non parece estar a ir mal, e nos poucos dÃas que leva a súa campaña
activa xa superou os 725.000 dólares que perseguÃa, polo que este xogo para PC
de estratexia táctica nun mundo de
fantasÃa épica verá finalmente a luz en setembro de 2014.
Massive Chalice desenvolveras
empregando o motor desenvolvido por Double Fine (Buddha Engine), sairá para
Windows, OS X e Linux e inspirarase en xogos como X-COM, Final Fantaxy Tactics
e Fire Emblem no que a mecánicas de
xogo se refire, collendo tamén influencias da serie de televisión Game of Thrones.
A cantidade mÃnima para poder facerse con este xogo a través de Kickstarter é
de 20 dólares, existindo máis chanzos de colaboración, de xeito que por 75
dólares teremos a edición en caixa e por 10.000 dólares poderase incluso botar
unha noite xogando á versión de taboleiro do xogo co equipo de Double Fine
(incluÃndo a Brad Muir e TIm Schafer).
- Ao abordar un novo proxecto evitan os despedimentos no equipo de Double Fine