Dragon Ball Z: Battle of Z</Em> incluirá unha figura de Son Goku nunha edición para coleccionistas

luns, 4 de novembro do 2013 Marcus Fernández

Aproveitando a celebración do XIX Salón do Manga en Barcelona dende Namco Bandai Games Europa tiveron a ben anunciar que o vindeiro 24 de xaneiro teremos nas tendas de videoxogos españolas o xogo Dragon Ball Z: Battle of Z que contará con versión para PlayStation 3, Xbox 360 e PlayStation Vita e, aparte da súa edición estándar, tamén contará cunha Goku Edition que incluirá distintos contidos adicionais como un traxe descargable co que podemos disfrazar a Son Goku de Naruto, un libro de ilustracións e unha figura de Son Goku (Superguerreiro) de 25 centímetros de altura. Esta edición especial só estará dispoñible nas versións doméstica do xogo.
Este xogo de loita gozará dun sistema de combates en equipos de ata 4 xogadores, que poderán loitar en liña contra hordas de adversarios ou realizando grandes batallas de 8 participantes. Aparte de combates ordinarios corpo a corpo, non faltarán as loitas contra inimigos de grandes dimensións, como Vexeta convertido nun mono xigante.
Outra das novidades deste xogo será a aparición de personaxes inéditos nos xogos de Dragon Ball, extraídos do último filme animado da franquía (Dragon Ball Z: La Batalla de los Dioses).

A Goku Edition incluirá unha figura de 25 centímetros de Son Goku


Trailer do novo xogo de Dragon Ball