Dragon Ball Z Dokkan Battle, un curioso xogo de As Bolas Máxicas para dispositivos móbiles
venres, 17 de xullo do 2015
Bandai Namco estreou esta semana nas tendas de aplicacións
móbiles como xogo free-to-play un
curioso título de loita inspirado en As
Bolas Máxicas (concretamente na etapa Dragon
Ball Z da serie) Dragon Ball Z Dokkan Battle,
que conta unha historia protagonizada por Toranks procurando solucionar unha
distorsión temporal e que fuxe claramente doutros títulos de loita da franquía,
baseando as mecánicas de ataque na combinación de esferas de cores e a
selección de loitadores.
Este xogo xa leva tempo dispoñible no Xapón, pero finalmente podemos descargalo
de balde dende España na
App Store e en
Google Play, o que agradecerán os seareiros máis fieis das aventuras de Son
Goku, aínda que non estamos ante un xogo apto para calquera xa que, aparte da
súa mecánica de xogo tan pouco habitual, o xogo ofrécese en inglés, o que
desmerece bastante a súa historia para os que non estean habituados á lingua ou
teñan problemas para identificar os nomes do personaxes en inglés.
Cómpre destacar que este título, pese a non ter un tamaño elevado, si fai un
uso intensivo de descargas, polo que recoméndase xogar onde estea dispoñible
cobertura Wi-Fi.
Trailer do xogo