Dragon Quest X será un xogo en liña para as consolas domésticas de Nintendo
martes, 6 de setembro do 2011- Primera imaxe publicada por Square Enix do futuro Dragon Quest X
Na antesala do Tokyo Game Show que terá lugar a
semana que vén no Xapón, Square Enix realizou unha rolda de prensa na que
anunciou oficialmente o xogo Dragon Quest
X: Mezameshi Itsutsu no Shuzoku, xogo que destacará
por saÃr tanto para Wii como para a futura Wii U, e que deixará de ser un JRPG
(xogo de rol xaponés) para converterse nun xogo de rol en liña no que os
xogadores poderán participar en misións dentro dun mundo persistente.
Dende Square Enix aseguran que a versión de Wii U contará con melloras gráficas
con respecto da versión de Wii, pero ambas plataformas compartirán mundo en
liña, e incluso adiantan que contará con conectividade coa Nintendo 3DS (sen
detallar en qué consistirá).
Como vén a ser habitual nesta franquÃa, Akira Toriyama (creador de Dragon Ball) encárgase do deseño de
personaxes, participando tamén no xogo Jin Fujisawa (director), Yuji Hori
(deseñador) e Koichi Sugiyama (compositor).
O lanzamento nipón de Dragon Quest X
agárdase para 2012, sen coñecerse polo momento os plans de internacionalización
do tÃtulo.