Dragon’s Dogma estreará demo a semana que vén

martes, 17 de abril do 2012 Marcus Fernández

Un dos xogos máis prometedores da primeira metade do presente ano é Dragon’s Dogma, e Capcom confirmou que terá demo xogable a semana que vén, para alegría dos impacientes que non queren agardar a que chegue ás tendas o 25 de maio para poder probar o que ofrecerá este impresionante título. Concretamente o xogo chegará ao Bazar de Xbox LIVE o vindeiro día 24, mentes que na PlayStation Network estará dispoñible a partir do día 25.
A demostración do xogo permitirá experimentar os diferentes estilos de 2 clases de personaxes do xogo en 2 perigosos encontros: enfrontarse a unha quimera nunha misión do prólogo empregando un loitador e derrotar a un poderoso grifón cun strider.
No seguinte vídeo tamén podemos ver como será o xogo final:

O xogo contará con grandes monstros e gráficos impresionantes

PUBLICIDADE