Dua Lipa demanda a Samsung por empregar a súa imaxe sen permiso
luns, 11 de maio do 2026
Dua Lipa demandou a Samsung nos Estados Unidos polo uso indebido da súa imaxe e vulneración dos seus dereitos de publicidade, acusando o fabricante surcoreano de empregar sen permiso unha fotografÃa súa en caixas de televisores comercializados masivamente no paÃs. A demanda foi presentada o pasado 8 de maio ante o Tribunal Federal do Distrito Central de California.
A artista sostén que Samsung utilizou unha imaxe tomada entre bambolinas no festival Austin City Limits de 2024 como parte do deseño gráfico das embalaxes de varios modelos de televisores. Segundo a demanda, a fotografÃa figuraba de maneira destacada na parte frontal das caixas de cartón empregadas para a venda dos dispositivos, o que transmitÃa aos consumidores a falsa impresión de que a cantante avalaba ou patrocinaba os produtos da marca.
O documento xudicial asegura que a imaxe está rexistrada na Oficina de Copyright dos EE.UU. co número VA 2-479-685 e que Dua Lipa é a única titular dos dereitos correspondentes. A cantante afirma tamén que nunca autorizou a utilización da súa imaxe nin terÃa aceptado participar nunha campaña comercial deste tipo, dado o carácter selectivo das súas colaboracións publicitarias.
A demanda describe a artista como unha das figuras musicais máis recoñecibles da última década, destacando acordos comerciais con marcas como Puma, Versace, Yves Saint Laurent, Porsche, Apple, Chanel, Tiffany & Co., Bvlgari ou Nespresso. Os seus avogados argumentan que Samsung procurou aproveitar precisamente ese valor comercial e reputacional para impulsar as vendas dos televisores.
Segundo o escrito, Samsung terÃa continuado distribuÃndo e vendendo os produtos pese ás advertencias enviadas pola cantante desde xuño de 2025. A demanda acusa a Samsung Electronics America e á matriz Samsung Electronics Co. Ltd. de manter unha conduta «voluntaria» e «deliberada», continuando coa comercialización dos produtos mesmo despois das peticións formais para deter o uso da fotografÃa.
O equipo legal da artista inclúe ademais referencias a publicacións en redes sociais nas que seguidores afirmaban decidir a compra do televisor pola presenza da cantante na embalaxe. Un dos comentarios recollidos no texto aseguraba: «nin sequera pensaba mercar unha televisión, pero vin a caixa e decidÃn comprala».
Dua Lipa reclama unha indemnización mÃnima de 15 millóns de dólares (uns 13,8 millóns de euros ao cambio actual), ademais dos beneficios obtidos por Samsung coa comercialización dos produtos, danos punitivos, custas xudiciais e unha orde permanente que prohiba seguir utilizando a súa imaxe.
