Dúas galegas entre os finalistas do concurso YouTube Space Lab
mércores, 18 de xaneiro do 2012
YouTube, Lenovo e Space Adventures, en colaboración con distintas axencias espaciais, entre elas a NASA ou a Axencia Espacial Europea (ESA), veñen de anunciar os sesenta finalistas rexionais do concurso de ciencias internacional YouTube Space Lab, que reta aos mozos e mozas de entre 14 e 18 anos de idade a que deseñen un experimento que se poida realizar no espazo.
YouTube Space Lab recibiu milleiros de entradas en vÃdeo procedentes de máis de 80 paÃses e España está, xunto con EEUU, India, Polonia e Canadá entre os que máis proxectos ten na final.
Máis polo miúdo, do noso hai na final catro grupos en total, que proceden da Coruña, Alcalá de Henares, Cádiz e as Illas Baleares.
Ata o vindeiro 24 de xaneiro, a comunidade internauta, a través de YouTube, está convidada a xulgar os experimentos, os cales tamén serán avaliados por un prestixioso panel de xuÃces que inclúe a personalidades como o famoso cientÃfico Stephen Hawking; William Gerstenmaier, o astronauta da JAXA, Akihiko Hoshide ou o fundador do Cirque du Soleil, Guy Laliberté, que determinarán os gañadores da edición.
A canle Space Lab, que serve como plataforma de descubrimento dos mellores vÃdeos do espazo e cientÃficos de YouTube, chegou a máis de 40 millóns de reproducións de vÃdeo en todo o mundo.
Os seis finalistas rexionais, entre eles as galegas Laura Calvo e MarÃa Vilas (que compiten na categorÃa de 14 a 16 anos cun experimento sobre microgravidade), reuniranse o vindeiro mes en Washington, onde experimentarán un voo sen gravidade e recibirán cadanseus portátil IdeaPad de Lenovo.
Os gañadores finais poderán realizar os seus experimentos a 400 kilómetros da Terra, a bordo da Estación Espacial Internacional (ISS) para emitilos en directo en YouTube.
Asemade poderán escoller como premio un viaxe a Xapón para ver como o seu experimento despega nun cohete con destino á ISS ou, cando cumpran os 18 anos, ter a oportunidade de vivir a experiencia de preparación dun astronauta na Star City, Rusia, o centro de formación dos cosmounautas rusos e onde se adestrou Yuri Gagarin.
VÃdeo galego que participa no YouTube Space Lab
