Ducias de mozos fixeron cola na Coruña vestidos con pintura corporal para facerse cun Samsung GALAXY S4

xoves, 13 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

A promoción de Vodafone a través da que regalarían 50 teléfonos Samsung GALAXY S4 a clientes de Vodafone yu: que aparecesen vestidos con pintura corporal na tenda do operador telefónico na Praza de Pontevedra da Coruña foi todo un éxito, convertendo as rúas da cidade herculina en toda unha festa, con ducias de persoas facendo cola diante do establecemento durante 1-2 días para garantir un posto entre os 50 primeiros e así poder facerse cun dos terminais de referencia de Samsung.

Os clientes de Vodafone yu: acudían ao evento para facerse cun Samsung GALAXY S4

Os interesados en recibir o premio do Desafío Vodafone yu: tiñan que estar ante a porta da tenda coruñesa de Vodafone a partir das 17:00 horas vestidos só con roupa interior e calzado, mentres cubrían o resto do seu corpo con pintura que tiña que semellar roupa, polo que a meirande parte dos asistentes optaron por pintarse durante as dúas horas anteriores á apertura do establecemento, para minimizar así que a roupa de abrigo que podían vestir na rúa estragase o traballo artístico. Aínda que boa parte simulaba vestir traxes ou camisas, non foron poucos os que decidiron imitar os traxes dos seus equipos de fútbol favoritos, o que facilitaba bastante o traballo de pintar o seu corpo, mentres que outros tiveron moita máis atención ao detalle, chegando a replicar incluso as costuras dun pantalón vaqueiro, conseguindo un grande realismo.
Os afortunados que chegaron a tempo para a cola non só faranse cun smartphone 4G de Samsung, senón que tamén recibirán 25 euros en Vodafone Wallet, servizo que está a aproveitar esta campaña para darse a coñecer.
Na nosa páxina de Facebook publicamos unha completa galería fotográfica do evento.

Moitos dos asistentes agardaron ao último momento para cubrir o seu corpo con pintura
Moitos transeúntes retrataron o momento cos seus dispositivos móbiles



Á tenda de Vodafone contou coa presenza de modelos que lucían traballos profesionais de bodypainting



O desafío de Vodafone yu: viviuse como unha festa na rúa
Algúns dos traballos de bodypainting que podían verse na Praza de Pontevedra gozaban dun alto nivel de detalle


Esta promoción estaba inspirada nun anuncio de Vodafone Wallet no que se empregaba o bodypainting como recurso para destacar a versatilidade deste servizo