Duke Nukem 3D resucita nunha versión para iPhone
martes, 11 de agosto do 2009
Nas últimas semanas non
paran de desembarcar vellos videoxogos na App Store para o iPhone e o iPod
Touch, sendo a novidade máis rechamante o Duke
Nukem 3D, un clásico xogo de acción en primeira persoa que marcou época, e
que conserva
o nivel gráfico que presentaba no PC, adaptando o sistema de control
á pantalla do iPhone, cun resultado que non
remata de convencer. Este xogo está á
venda por 2,39 euros.
Pero este non é o único
clásico en incorporarse aos terminais de Apple estes dÃas, senón que a aventura
gráfica Simon the Sorcerer segue os
pasos de Monkey Island e pode
adquirirse por 3,99 euros. Este xogo de 1993 transportaba a un mozo
chamado Simon a un mundo de fantasÃa no que tiña que salvar ao mago Calypso,
nunha historia na que non falta o humor, e que aÃnda que polo momento só está
dispoñible en inglés, en
breve incorporará o español ás súas linguas.
- Simon the Sorcerer é moi fiel á súa versión para PC
|