Duke Nukem Forever será unha realidade en 2011

luns, 6 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Na Penny Arcade Expo puido probarse unha demo de Duke Nukem Forever

En 1997 anunciouse o xogo Duke Nukem Forever, coma secuela do Duke Nukem 3D do ano anterior, e as constantes demoras no seu lanzamento valeulle en numerosas ocasións o título do vaporware do ano, e xa estaba a ser considerado coma un produto morto despois de que a compañía que o desenvolvía pechase o proxecto, pero a pasada fin de semana no marco da Penny Arcade Expo (pequena feira de videoxogos semestral organizada polos creadores da tira cómica electrónica Penny Arcade)a xente de Gearbox Software sorprenderon anunciando que adquiriran a marca Duke Nukem a 3D Realms e continuarían o traballo de Take 2 lanzando en 2011 o xogo Duke Nukem Forever e futuras secuelas.
A xogada parece bastante atinada, pois a franquía é moi coñecida, e o feito de que Duke Nukem Forever teña a sona de xogo que non chegará nunca garante moita atención mediática. Aparte, o estudo desenvolvedor do xogo acadou importantes éxitos nos últimos anos coma o inicialmente infravalorado Borderlands e a saga de Brothers in Arms, polo que o público pode confiar nun produto digno do que xa puido verse unha versión de demostración na mencionada Penny Arcade Expo (PAX), onde tamén anunciaron que 2K Games será a compañía encargada da distribución de Duke Nukem Forefer, xogo que sairá en versión para PC, Xbox 360 e PlayStation 3.


Vídeo no que podemos ver cómo será Duke Nukem Forever

PUBLICIDADE