Duke Nukem contará con varios xogos para o iPhone

martes, 9 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Prey Invasion é un novo xogo para o iPhone

O anuncio do peche de 3D Realms resultou ser esaxerado, e o estudo, pese a cesar no desenvolvemento de Duke Nukem Forever, o que non impedirá que nos vindeiros meses poidamos ver 3 xogos de Duke Nukem para o iPhone (aparecendo o primeiro dos mesmos no outono), segundo anunciou Scott Miller coincidindo co lanzamento de Prey Invasion para o móbil de Apple.
Prey Invasion é unha aventura totalmente nova protagonizada por Tommy Hawk, un guerreiro cherokee actual con poderes únicos que permítenlle combater unha ameaza alieníxena mentres acode ao rescate da súa moza, o que non é un argumento moi orixinal pero que xa deu lugar en 2006 a un videoxogo para consola que gozou de moito éxito e boa crítica, e que agora serve de inspiración para un título descargable para o iPhone por 2,39 euros.

PUBLICIDADE