Durante 2024 Vodafone levará a 5G a 71 novos concellos galegos
xoves, 14 de marzo do 2024
Vodafone está a ampliar a cobertura da súa rede 5G en Galicia, coa incorporación de 71 novos concellos antes de rematar o presente ano, até chegar a un total de 210 concellos. Deste xeito, dous millóns e medio de galegos, tanto particulares como empresas, disporán dunha mellor cobertura, especialmente en interiores de edificios, e de gran dispoñibilidade de largo de banda e de transmisión de datos, tamén en entornos rurais e pequenas localidades.
Esta ampliación de cobertura abranguerá concellos das catro provincias. En concreto, chegará a poboacións con máis de 10.000 habitantes como Ames (A Coruña), pero sobre todo a localidades de menos de 5.000 como A Gudiña (Ourense), Corcubión (A Coruña) ou Rábade (Lugo). 71 novos concellos galegos con rede 5G, 52 contan con menos de 5.000 habitantes.
Os novos concellos galegos que contarán co 5G de Vodafone son: Moeche, Vilasantar, Corcubión, Frades, MesÃa, Dodro, DumbrÃa, Mazaricos, Cabana de Bergantiños, MuxÃa, Camariñas, Ponteceso, Coristanco, Outes, Vimianzo, Melide, Cee, Porto do Son, As Pontes de GarcÃa RodrÃguez, A Laracha e Ames na provincia da Coruña; Crecente, Agolada, Pazos de Borbén, Pontecesures, Ponte Caldelas, O Rosal, Silleda, A Guarda, Salvaterra de Miño e A Estrada na provincia de Pontevedra; Rábade, Pol, O Vicedo, Antas de Ulla, Pantón, GuntÃn, Taboada, A Pastoriza, Xove, A Fonsagrada, Friol, Cervo e Sarria na provincia de Lugo; e Larouco, PunxÃn, Montederramo, Manzaneda, A Veiga, Cenlle, Sarreaus, Melón, Castro Caldelas, A Gudiña, Carballeda de Avia, Vilar de Barrio, Castrelo de Miño, Riós, Bande, Carballeda de Valdeorras, Cualedro, Avión, A Merca, A Pobra de Trives, Amoeiro, Monterrei, Maside, Viana do Bolo, Maceda, Coles e San Cibrao das Viñas na provincia de Ourense.