Durante a vindeira fin de semana poderase probar de balde o xogo FIFA 17

mércores, 23 de novembro do 2016 Marcus Fernández

A fin de semana pasada os usuarios Gold de Xbox One puideron gozar de balde do xogo NBA 2K7, e para a fin de semana que vén EA Sports imita a xogada e anuncia que entre os días 24 e 27 de novembro será posible xogar de balde á versión completa de FIFA 17 para Xbox One e PlayStation 4, incluíndo o modo historia El Camino (que no Nadal recibirá voces en español a través dunha actualización de balde), o FIFA Ultimate Team, o modo Carreira e moito máis. Desta volta tamén o xogo para consola poderase adquirir cun desconto de até o 40% durante a promoción, de xeito que os xogadores que gocen do título poden optar por incorporalo á súa colección a un prezo atractivo.
FIFA 17 incorpora numerosas novidades nesta nova versión, como o novo motor Frostbyte, de xeito que os afeccionados aos xogos de fútbol poden probar as súas posibilidades durante a fin de semana, á vez que tamén comprobar en primeira persoa as novas mecánicas de xogo e as moitas posibilidades que a franquía de fútbol líder do mercado achega nesta tempada.

PUBLICIDADE