EA Mobile achegará R-Type ao iPhone

martes, 6 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Os xogos descargables, tanto en consolas domésticas coma en dispositivos portátiles, están a contribuír á recuperación de múltiples videoxogos clásicos portados directamente ou coma base de remakes, e coma exemplo disto EA Mobile anunciou que está a rematar unha versión de R-Type para o iPhone, de xeito que este clásico xogo de naves que saíra en 1987 e que está considerado coma un dos mellores títulos do seu xénero, está próximo a recuperarse nunha conversión que promete ser fiel ao 100%.
Para adaptarse a distintos tipos de usuarios, a versión para o iPhone de R-Type poderá xogarse con 3 modos de control diferentes: inclinando o terminal, usando a pantalla táctil ou cunha cruceta virtual.

A nova entrega conservará os xefes finais do título orixinal

PUBLICIDADE