EA Sports aproveitará o Wii MotionPlus antes que Nintendo

mércores, 22 de abril do 2009 Marcus Fernández

EA Sports anunciou que os xogos Tiger Woods PGA TOUR 10 e Grand Slam Tennis poderán adquirise nas súas versións de Wii en xuño en packs nos que inclúen o agardado Wii MotionPlus, que mellora a precisión do mando da consola de Nintendo, de xeito que estes títulos deportivos adiantaríanse no uso do periférico ao Wii Sports Resort, xogo que pretendía servir para o seu lanzamento, e que non chegará ata o mes de xullo.
O Wii MotionPlus tamén poderá adquirirse solto a partir do 12 de xuño, a un prezo sen precisar en Europa (custaría 19,99 dólares nos EE.UU.) como tamén acontece cos packs anunciados por EA Sports, que custarán 59,99 dólares (só 10 euros máis que a súa edición sen o Wii MotionPlus).

PUBLICIDADE