EA Sports prepara unha aplicación móbil social que dará os seus primeiros pasos en España
martes, 17 de setembro do 2024
Durante a súa presentación ante os seus accionistas, Electronic Arts anunciou a EA Sports App, unha aplicación móbil de balde, con compoñente social, que mestura o contido deportivo virtual e real, e conecta aos seareiros coas seus deportes favoritos, e que estrearase inicialmente en España en colaboración con LaLiga.
A nova aplicación contará con Arenas Comunitarias (espazo no que conectar con outros usuarios), un taboleiro de descubrimento (onde estar ao día de novas, estatísticas e momentos destacados que poder visualizar dende calquera ángulo) e unha zona de xogo (na que participar en retos interactivos durante e despois dos partidos).
A EA Sports App ofrecerá inicialmente unha combinación de contido deportivo, datos de deportes en directo, mensaxería social, interactividade, desafíos e outras cousas centradas no fútbol mundial.
Estamos no que sería o lanzamento inicial desta aplicación, que este outono botaría a andar en iOS e Android centrándose no deporte de EA Sports FC (aproveitando que este xogo está a patrocinar a competición de LaLiga), pero que no futuro se ampliará a outros deportes sobre os que EA tamén ten xogos (como o fútbol americano, o hóckey ou a Fórmula 1).