EA amosa cómo sería Susan Boyle no mundo dos Sims

luns, 25 de maio do 2009 Marcus Fernández

A publicidade viral fai que na Internet aparezan fenómenos como a participante no programa de televisión Britain’s Got Talent Susan Boyle, que xerou millóns de reproducións en YouTube das súas intervencións, o que curiosamente aproveita a xente de Electronic Arts para dar a coñecer un pouco máis o que achegará o futuro Sims 3, e así publicaron un vídeo no que podemos ver cómo sería Susan Boyle no mundo virtual dos Sims.
Resulta un tanto ridículo que publiquen este tipo de vídeo no que recrean a aparencia dunha persoa real no universo dos Sims, pois está claro que o realismo non é precisamente o factor que buscan os usuarios deste tipo de xogos que nesta nova xeración pretende mellorar considerablemente os seus gráficos aínda que os seus principais avances estarán nas posibilidades que ofrecerá aos xogadores.

Susan Boyle no mundo dos Sims: un simple vídeo para chamar a atención no novo lanzamento de EA

PUBLICIDADE