EA anuncia que está a preparar Los Sims Móvil

xoves, 11 de maio do 2017 Marcus Fernández

Estes días Electronic Arts anunciou unha pequena sorpresa, Los Sims Móvil, un xogo puramente móbil da franquía de Los Sims, que marcaría diferenzas fronte a conversións anteriores e que desmarcaríase de Los Sims FreePlay, principalmente ao ofrecer unha maior complexidade, permitindo personalizar a aparencia dos Sims, personalizar os seus fogares e facer que se relacionen socialmente, ou sexa, trasladando a experiencia á que os usuarios estaba afeitos no seu ordenador a dispositivos móbiles con Android e iOS.
Pare deixar claro que estamos ante un xogo máis profundo do que estabamos afeitos dende EA prometen que no futuro xogo poderemos modelar as familias dos Sims ao longo de múltiples xeracións, ou sexa, que chegaremos a ver como se xubilan os personaxes, desbloqueando elementos para as futuras xeracións, conseguindo así contar historias máis complexas.
Polo momento non se sabe a data de lanzamento deste xogo nin o modelo de negocio que empregará, pero polo momento xa temos un facho de esperanza para os amantes desta franquía, que van poder levar a diversión no peto.

Tráiler de presentación de Los Sims Móvil para iOS e Android

PUBLICIDADE