EA anuncia que teremos Los Sims 4 en 2014

martes, 7 de maio do 2013 Marcus Fernández

Os afeccionados ao mundo dos Sims estarán contentos de saber que tal universo de lecer electrónico continuará a espallarse, confirmando Electronic Arts que xa están a traballar en Los Sims 4, xogo que verá a luz para PC e Mac en 2014, mantendo viva unha franquía que goza do favor de millóns de usuarios en todo o mundo que compran tanto os xogos principais da mesma como as súas moitas expansións que amplían a experiencia de xogo.
Los Sims é unha das sagas de máis éxito do mundo, con máis de 150 millóns de copias vendidas, e aínda que o feito de que Maxis sexa o estudio detrás deste desenvolvemento poida levar a temer a que poderiamos estar ante un xogo na liña do recente SimCity (que está a ter moitos problemas cos seus servidores), parece ser que finalmente teremos un xogo fóra de liña, o que evitaría numerosos problemas que supón o obrigar aos usuarios a estar constantemente conectados á Internet para xogar, e encaixando así tamén na retirada que están a experimentar os Sims de Facebook (pois non acadaron os resultados pretendidos ao levar o xogo á plataforma social creada por Mark Zuckerberg).

PUBLICIDADE