EA despedirá a uns 670 traballadores
xoves, 29 de febreiro do 2024
Coa presentación de resultados económicos de Electronic Arts, compañÃa de referencia no sector dos videoxogos, anuncian que van prescindir de preto do 5% da súa forza de traballo, o que supón o despedimento duns 670 traballadores de distintas divisións, e incluso a cancelación dun xogo de acción en primeira persoa de Star Wars que estaba a desenvolver Respawn Entertainment.
Tamén aseguran que Electronic Arts está a pechar Ridgeline Games, estudio situado en Seattle, deixando claro que a industria do lecer electrónico está a pasar por duros momentos, especialmente se temos en conta que hai un ano Electronic Arts xa despediu a 775 traballadores.
Dende EA aseguran que están a reorientar os seus esforzos, para dar prioridade ás súas franquÃas propias, en vez de apostar por franquÃas de terceiros, aÃnda que iso non quere dicir que non vaian continuar a traballar en xogos de Battlefield ou de desenvolver unha terceira entrega de Star Wars Jedi (poñendo peche á historia de Cal Kestis), pois son proxectos que si resultan moi rendibles.