EBF presentou o seu mestrado de videoxogos na Coruña
luns, 28 de maio do 2018
O pasado sábado aproveitouse a celebración de
ExpOtaku no recinto de EXPOCoruña, edificio no que tamén está a sede da
European Business Factory (EBF), para presentar
oficialmente o Mestrado en Creación de
Videoxogos que botará a andar a finais de ano e que durante 500 horas
buscará formar aos participantes no proceso de creación de videoxogos dende un
enfoque humanÃstico, ou sexa, que incidirán máis nos labores creativos que na
aprendizaxe de ferramentas técnicas.
Para afondar neste mestrado, o seu coordinador, Adrián Suárez Mouriño, autor do
libro
Sobre Mario que o vindeiro xoves
presentarase na librarÃa Arenas da Coruña, fixo un repaso da súa estrutura
e insistiu no feito de que buscan formar un equipo que principalmente teña
paixón polos videoxogos e que poida destinar grandes esforzos ao mestrado
profesional que non só estará composto por 500 horas de formación, senón que
tamén precisará de traballo por parte dos alumnos para conseguir superar os obxectivos
establecidos para asà poder desenvolver un digno traballo de fin de mestrado.
Suárez convidou aos asistentes a manifestar
o seu interese por esta iniciativa formativa, destacando que conta con
interesantes bolsas para que os cartos non sexan un grande atranco para conseguir
a formación precisa para poder dar o salto profesional ao que xa é o principal
sector cultural en volume de negocio.
Este mestrado desenvolverase en xornadas de venres (de 16:00 a 21:00 horas) e sábado
(de 9:00 a 14:00 horas), e pese a estar aÃnda iniciando a súa promoción, xa conta
cun bo volume de persoas interesadas en participar no mesmo, dado o atractivo
que ten o sector dos videoxogos de cara a unha proxección profesional.
- O coordinador do mestrado asegurou que estaba aberto a un amplo perfil de alumnos, dos que buscarÃan precisamente certa paixón polo medio, xa que sen vocación resultarÃa difÃcil enfrontar o duro traballo que haberá que superar.