EE comercializará unha cámara de acción con 4G no Reino Unido
mércores, 28 de outubro do 2015
O operador británico EE está a sorprender comercializando a súa Capture Cam,
unha cámara deportiva de peto (de só 55 x 55 milÃmetros), que non só é capaz de
gravar vÃdeo Full HD a 30 cadros por segundo en tarxetas de memoria microSD de
até 64 GB, e disparar fotografÃas de 8 MpÃxeles, senón que tamén é capaz de
realizar streaming de vÃdeo a 720p e
30 imaxes por segundo, o que é especialmente atractivo xa que realÃzase a
través da rede 4G da compañÃa.
O produto aÃnda poderÃa ser máis atractivo se temos en conta que mediante a
aplicación móbil de Skeegle é posible empregar a cámara para retransmitir a
través de Periscope, Meerkat ou YouTube. EE tamén achegará unha aplicación para
iOS e Android que permite o control remoto da cámara e o acceso aos contidos
que rexistra nos seus 4 GB de almacenamento interno.
Un produto realmente rechamante que chegará ao mercado británico antes do
Nadal, e que indicarÃa que os operadores de telefonÃa móbil poderÃan ter
interese nas cámaras de acción como un elemento que pon en valor as súas novas
redes 4G.