EFE aposta de cheo polas novas tecnoloxías co BluEfepack

martes, 11 de decembro do 2007

A Axencia EFE e a galega Blusens van presentar, o vindeiro martes 18 de decembro, o programa BluEfepack, unha nova liña de contidos de lecer para dispositivos móbiles que oferta EFE para seren comercializados por Blusens.
Trátase da primeira vez que a devandita axencia de novas deseña unha oferta de contidos dirixida ó usuario final á que se accede mediante os MP4 comercializados por Blusens, a empresa galega líder no sector da electrónica de consumo.
O acto terá lugar no Hotel Melía Araguaney en Santiago de Compostela ás 12:00 horas.

PUBLICIDADE