Earth Trek presenta un videoproxector de peto

martes, 27 de maio do 2008 Marcus Fernández

O fabricante asiático Earth Trek presentou o mini-proxector 90-805R, que parece ser o proxector de man máis pequno do mundo, pois só mide 105 x 58 x 25 milímetros e pesa 160 gramos. O trebello inclúe un lector de tarxetas SD e T-flash, a súa batería de litio achégalle unha batería de entre 1 e 2 horas, ten un micrófono integrado e pode funcionar coma reprodutor de MP4. Proxecta imaxes de ata 22 polgadas, tanto almacenadas nas tarxetas de memoria introducidas como achegadas mediante entradas de vídeo.
Aínda non se coñece nin a data de lanzamento nin o prezo, pero os avances que queren crear pequenos proxectores como alternativa ás grandes pantallas non paran de chegar pese a que se descoñece se haberá unha demanda real para estes dispositivos.

PUBLICIDADE