Earthworm Jim actualízase á alta definición

martes, 27 de xullo do 2010 Marcus Fernández

O éxito do verme Jim na Mega Drive en 1994 levouno a asaltar ao pouco tempo outras plataformas de xogo (a Super Nintendo, a Game Boy e o PC, para ser máis concretos) de xeito que o título Earthworm Jim converteuse en todo un clásico que hai menos dun ano retornou coma xogo para o iPhone (estando actualmente dispoñible na App Store por 0,79 euros) e agora renóvase graficamente grazas a Gameloft, compañía que adaptou o xogo á alta definición conservando todos os niveis orixinais e engadíndolle 3 niveis exclusivos en Earthworm Jim HD, título que incluso ofrece xogo cooperativo local e en liña para 2-4 xogadores ao longo de 15 niveis.
Este novo título chegará á PlayStation Network este 28 de xullo por 9,99 euros, mentres que os usuarios da Xbox 360 téñeno dispoñible dende o pasado xuño por 800 puntos (9,6 euros).


Trailer de Earthworm Jim HD

PUBLICIDADE