Eclipsa Audio: unha tecnoloxÃa de son envolvente abandeirada por Google e Samsung
venres, 3 de xaneiro do 2025
Samsung anuncia hoxe que a súa gama de televisores e barras de son de 2025 integrará a tecnoloxÃa de son tridimensional Eclipsa Audio, desenvolvida en colaboración con Google. Esta tecnoloxÃa promete unha experiencia máis cativadora ao permitir contidos cun audio máis dinámico e envolvente.
Samsung serÃa a primeira empresa en integrar a tecnoloxÃa Eclipsa Audio nos seus televisores, dende a serie Crystal UHD até o modelos de alta gama Neo QLED 8K, buscando que os consumidores poidan gozar desta codificación sonora dende unha ampla gama de dispositivos.
Polo momento a plataforma de vÃdeo que adoptará este estándar de son envolvente será, loxicamente, YouTube, e están a traballar na certificación de dispositivos que empreguen Eclipsa Audio para garantir que os consumidores poidan gozar dos máis altos estándares de fidelidade de son.