Educación destina máis de 10 millóns a apoiar as teses doutorais de 76 investigadores
mércores, 21 de xaneiro do 2026
A Xunta de Galicia celebrou este 21 de xaneiro o acto de benvida á nova promoción do programa Doutoramentos Industriais, que chega a súa quinta edición cun total de 76 investigadores apoiados cun investimento de máis de 10 millóns de euros desde o seu nacemento. “O obxectivo é que realicen a súa tese doutoral en empresas e centros tecnolóxicos galegos”, sinalou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, durante a clausura deste encontro.
Acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, o titular de Ciencia afirmou que esta iniciativa é unha ferramenta “estratéxica para conectar o mundo académico co tecido produtivo e, así, achegar respostas a problemas reais, contribuíndo á competitividade e á modernización de Galicia”.
Rodríguez coñeceu aos 14 investigadores desta promoción e aos seus titores, así como aos representantes das empresas e os centros tecnolóxicos que os contratan para a realización dos seus proxectos ata 2029. Concretamente, 11 doutorandos levarán a cabo a tese en empresas e outros tres en centros tecnolóxicos. Dos participantes, sete estudantes son da Universidade de Santiago de Compostela (USC), cinco da Universidade de Vigo (UVigo) e dous da Universidade da Coruña (UDC). Ao longo do tempo, levan xa colaborado con esta iniciativa un total de 61 empresas e 15 centros tecnolóxicos do conxunto da nosa Comunidade, sendo 43 alumnos da USC, 20 de UVigo e 13 da UDC.
Nesta quinta convocatoria, a Xunta inviste máis de 2,6 millóns de euros, o que eleva a dotación total a 10,10 millóns de euros desde o 2021. Bioloxía, enxeñaría, física, informática e química son as áreas de coñecemento nas que se concentran as teses doutorais desta edición.
Os doutorandos desta promoción e os lugares nos que están realizando a tese son:
|
Persoa doutoranda |
Universidade |
Entidade beneficiaria |
Concello da entidade |
|
Daniel Arias Ferreiro |
USC |
MD. Use Innovations |
Santiago de Compostela |
|
Gabriel Otero Moreira |
USC |
Libera BIo |
Santiago de Compostela |
|
Alejandra García Calvo |
USC |
Nanogap Sub-nm-powder |
Ames |
|
Patricia Hermida Sestayo |
USC |
Bflow |
Santiago de Compostela |
|
Marta Pereira Ferrer |
USC |
Centro tecnolóxico Cetaqua |
Santiago de Compostela |
|
Rocío Cordeiro Rey |
USC |
Bflow |
Santiago de Compostela |
|
Pablo Rodeiro Otero |
USC |
Vimbio Corp. |
A Coruña |
|
Eduardo Rafael Nogueira Marques |
UVigo |
Compañía Española de Algas Marinas |
O Porriño |
|
Amanda Franco Sardinha |
UVigo |
Energio Research |
Vigo |
|
Valentina Mariana Romero |
UVigo |
Balidea |
Santiago de Compostela |
|
Moshelem Molho López |
UVigo |
Centro tecnolóxico Gradiant |
Vigo |
|
Gonzalo Costas Fernández |
UVigo |
Neboda Farms |
Vigo |
|
Brais Pérez Vázquez |
UDC |
Centro tecnolóxico Gradiant |
Vigo |
|
Pedro Pablo Gómez González |
UDC |
Técnicas de Soft |
A Coruña |
Da universidade ao mercado
Ademais de potenciar a captación de talento e a creación de emprego de calidade, os Doutoramentos Industriais “tamén promoven a transferencia de coñecemento das universidades ao tecido produtivo e fomentan a realización de proxectos de investigación industrial en empresas”, e estimulan, tamén, a incorporación do persoal doutor nestas entidades unha vez que remata a axuda, dándolle continuidade á bolsa da Xunta, informou o conselleiro, engadindo que os proxectos de investigación das teses buscan resolver as necesidades e retos da empresa ou centro tecnolóxico receptor.
As axudas cobren os custos de contratación e os gastos relacionados co proxecto tanto na universidade como na empresa, ao tempo que ofrecen apoios para a realización de estadías de tres meses no estranxeiro.
