Eduemprende Idea 2018 serve de mostra do futuro da innovación galega
mércores, 12 de decembro do 2018
A Xunta puxo en valor hoxe os premios
do concurso Eduemprende Idea 2018, que se entregaron na Cidade da Cultura, destacando que son un estÃmulo ao talento que
é o que está a cambiar a economÃa e a forma de traballo nas empresas. Os
conselleiros de EconomÃa, Emprego e Industria, Francisco Conde, e de Educación,
Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participaron hoxe no acto
no que incidiron na importancia de apostar polo talento e a creatividade porque
marcarán o camiño de Galicia e o seu posicionamento no futuro.
Os representantes do Goberno autonómico resaltaron a
calidade dos proxectos presentados a estes galardóns vinculados todos eles a
sectores produtivos, lembrando a necesidade de seguir apoiando o emprendemento
desde a base do sistema educativo para que a cultura emprendedora empece a
xurdir desde as primeiras etapas educativas. De feito, sinalaron que con esta
iniciativa da Xunta, o emprendemento se converte nunha materia máis da
Formación Profesional. Estes premios posibilitan aos gañadores incorporarse a
calquera dos viveiros de empresa da ConsellerÃa de Educación e contar co
asesoramento do IGAPE para materializar as súas ideas de negocio.
Conde destacou o talento da mocidade galega apuntando á
importancia da innovación para diferenciarse. Asà mesmo, afirmou que o talento
é a forza motriz da economÃa e, por iso, recordou que a Administración
autonómica ten en marcha o programa Talento 2021 para captar novos profesionais
para Galicia e para que os rapaces e rapazas conten coas ferramentas necesarias
para desenvolver as súas capacidades. En palabras do titular de EconomÃa, sen
talento é imposible emprender en Galicia. Neste senso, recordou que a rede de
aceleradoras StartIn Galicia é unha plataforma onde se desenvolven preto de 900
proxectos innovadores dos sectores estratéxicos da economÃa galega.
Para apoiar o talento e a innovación, Conde tamén puxo como
exemplo a nova Estratexia galega de economÃa social que cun orzamento de 73
millóns fomentará a creación de 300 novas entidades e 3000 novos empregos. Dous
dos proxectos gañadores optaron pola fórmula da cooperativa para emprender.
Pola súa banda a conselleira de Educación, Universidade e
Formación Profesional, Carmen Pomar, destacou a importancia de «educar o
espÃrito emprendedor desde as etapas máis temperás» e a responsabilidade da
Administración de ofrecer as ferramentas necesarias para que os máis novos
sexan capaces de converter as súas ideas en proxectos reais. Este é o caso das
iniciativas recoñecidas hoxe cos Premios Eduemprende Idea 2018, uns galardóns
que buscan estimular a participación activa do alumnado no deseño de
iniciativas innovadoras e creativas, que favorezan o emprendemento e que
capaciten para o desenvolvemento de proxectos empresariais.
«Queda claro que tedes capacidade e potencial sobrados para
convertervos en emprendedores reais», afirmou Carmen Pomar en referencia ás
alumnas e alumnos premiados, a quen desexou o mellor dos éxitos. Asà mesmo a
conselleira agradeceu a implicación do profesorado que axudou a dar forma aos
proxectos, asà como ás familias por exercer de soporte no dÃa a dÃa.
Os premiados
Un total de 15 alumnos e alumnas recolleron hoxe o Premio Eduemprende Idea 2018 dos centros integrados de FP As Mercedes de Lugo e de FP Someso da Coruña; e dos IES de Valga, Montecelo (Pontevedra) e Rodeira (Pontevedra). Os proxectos galardoados foron: Radis Radón Innova Solución sobre a medición do radon; Suevia, un negocio de conservación, mantemento e restauración de estruturas metálicas; Processvet, un laboratorio de anatomÃa patolóxica veterinaria; Minerva, unha aplicación móbil e unha web onde deseñar camisetas personalizadas; Aura, unha cooperativa dedicada á estética e á imaxe de persoas con necesidades especÃficas; e Quantum Cines, unha cooperativa para instalar unha sala de cine e exhibición de eventos en Cangas.