Eee Monitor: o novo todo-en-un de Asustek

mércores, 2 de xullo do 2008 Marcus Fernández

O Eee Monitor lembra ao iMac de AppleO éxito dos ultraportátiles Eee PC de Asustek levou ao fabricante asiático a trasladar o modelo a ordenadores de sobremesa e televisores, e finalmente vemos cómo será o prometido Eee Monitor, un equipo informático integrado nunha pantalla TDT de entre 19 e 20 polgadas, o que permite aforrar moito espazo nos escritorios.
O Eee Monitor segue así unha filosofía á do popular iMac de Apple, pero apostando polo baixo custo, agardándose que o seu prezo sexa duns 500 dólares, aínda que o seu rendemento sexa bastante reducido (pero máis que suficiente para labores ofimáticas ou navegar pola web).
O equipo poderase adquirir en branco ou negro, inclúe na súa parte inferior altofalantes Denon, presenta no seu lateral esquerdo 2 portos USB e un lector de tarxetas de memoria, e na súa parte traseira ten unha ampla gama de conectores: 4 portos USB 2.0, modem, Ethernet, entrada para micrófono, saída para altofalantes e saída de liña.
Unha opción que sen dúbida resultará de grande interese para oficinas e moitos outros contornos nos que o alto rendemento dos equipos informáticos non é unha esixencia, mentres que o espazo é unha limitación e tamén pretende coidar a estética dos escritorios.

O equipo conta cunha ampla serie de conectores na súa parte traseira

PUBLICIDADE