Eganet celebra en Santiago unha xornada sobre traducción automática

xoves, 22 de novembro do 2007

No marco do Plan Impacto, a Asociación de Empresas Galegas adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías, EGANET, vai celebrar mañá día 23 de novembro no Clube Internacional de Prensa de Santiago, unha xornada dirixida a profesionais de pequenas e medianas empresas galegas, na que se vai presentar o sistema de traducción automática Opentrad.
A sesión, impartida polo socio fundador de Imaxin Software, Diego Vázquez, terá lugar a partires das 18:00 horas e nela abordaranse as tecnoloxías lingüísticas e exporanse solucións para mellorar a calidade da documentación empresarial mediante sistemas de correción e buscas intelixentes.

PUBLICIDADE