El Chavo del Ocho terá un xogo de carreiras de karts
mércores, 11 de setembro do 2013
Unha serie de animación mantén viva a figura de El Chavo del Ocho, nacida nunha serie de
televisión dos anos setenta que marcou a infancia de moitos, e o aproveitamento
da figura de Roberto Gómez Bolaños (Chespirito)
xa levou o ano pasado a Slang a comercializar un xogo para Wii
titulado El Chavo, e non
conformes con iso, agora preparan o lanzamento dun tÃtulo no que a figura
televisiva quere pórse á altura do propio Mario de Nintendo nun simpático El
Chavo Kart que contará con versións para PlayStation 3, Xbox 360 e
PlayStation Vita.
O
xogo desenvolveuse empregando Unreal Engine 3, conta con 12 personaxes da
serie de televisión coa súa voz orixinal (en español e portugués), ofrece ata 8
copias e distintos modos de xogo: carreira tradicional, contrarreloxo, capturar
a bandeira e supervivencia. Porase á venda a finais de ano a un prezo de 799
pesos (uns 46 euros).
VÃdeo con imaxes in-game de El Chavo Kart