El Corte Inglés afiánzase no fogar dixital da man de Smart TV
xoves, 19 de xullo do 2012
El Corte Inglés conta
xa oficialmente cun espazo de seu no Smart TV 101, o terminal de última xeración
de Inves. O acceso directo ao portal de servizos de El Corte Inglés no dito
aparello complementa o paquete de posibilidades deste ( contidos de televisión
dixital de alta definición con acceso a xogos e web TV, televisión á carta,
aplicacións en rede) co feixe de recursos propios da plataforma dixital da
cadea española de centros comerciais, como por exemplo A Tenda en Casa e aplicacións como o probador virtual, a consulta
de catálogos e promocións, compra en liña no supermercado ou adquisición de
artigos no eStore.
E todo, sinálase, dende o noso propio fogar de
cada quen. Segundo informan fontes das dúas firmas, o acceso a toda a gama de
servizos virtuais da cadea, sen abandonar o menú principal, achega unhas
capacidades para atraer ao mundo Smart TV, non só ás novas xeracións, senón a
calquera integrante da unidade familiar, que agora pode explorar as
revolucionarias prestacións da televisión intelixente na súa casa.
Lembrar que Inves Smart TV 101 é un aparello de
fogar dixital, multimedia, que permite a integración nun mesmo equipo de
diferentes plataformas e canles, como a TV, a Internet, as consolas ou os
aparellos de reprodución de música. Con este dispositivo, sinálase, “non só é posíbel acceder a calquera contido,
cando e como se desexe, senón gozar dunha mellor calidade de imaxe en series,
cinema e videoxogos, intercambiar mensaxes e ficheiros adxuntos a pantalla
xigante a través de aplicacións de redes 2.0 como YouTube, DailyMotion, Tuenti,
Facebook ou Twitter, e participar directamente nos programas en vivo”. O aparello
tamén ten sintonizadora TDT de alta definición e vén precargado con xogos (Angry Birds, Fruit Ninja), accesos
directos a redes sociais en cales preconfiguradas, como a devandita de El Corte
Inglés.
- O Inves Smart TV 101 permite levar Android ao televisor