El Corte Inglés estrea un eReader con Wi-Fi e menús en galego
martes, 15 de novembro do 2011
Moitos están a ser as compañÃas que queren colocar os seus
lectores de libros electrónicos no mercado antes de que o Kindle de Amazon
chegue oficialmente a España, entre os que destaca agora El Corte Inglés co seu
Inves
WIBOOK 650T, que cunha pantalla de tinta electrónica de 6 polgadas cunha
resolución de 600 x 800 pÃxeles con 16 niveis de gris, baterÃa de 1.500 mAh
(que permitirÃa a lectura de ata 8.000 páxinas cunha única carga), 2 Gb de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSDHC de ata 32 Gb) e
Wi-Fi N, destaca por permitir a compra de libros electrónicos na librarÃa electrónica de El Corte Inglés
directamente dende o trebello.
Este eReader mide 166,66 x 114 x 10 milÃmetros, pesa 190 gramos e destaca por
contar con menús en español, inglés, francés, alemán, italiano, neerlandés,
catalán, éuscaro e galego. O seu oficial é de 189 euros, podendo adquirirse con
10 euros de desconto de encargarse antes do seu lanzamento o vindeiro dÃa 25.