El Despertar de la Fuerza terá xogo de LEGO no verán

martes, 2 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

A familia de xogos da familia de LEGO adaptando franquías cinematográficas pasou por grandes éxitos como Indiana Jones, O Señor dos Aneis ou Batman, e unha filtración dá conta agora de que vai volver a adaptar unha sagas coas que LEGO ten unha grande complicidade, Star Wars, xa que o 28 de xuño estrearase LEGO Star Wars: El Despertar de la Fuerza, que adaptará aos videoxogos o último filme da franquía creada por George Lucas.
Nin TT Games nin Warner Bros. Interative anunciaron oficialmente este título, pero xa figura na páxina web de Xbox, polo que podemos dalo con confirmado, agardado que, como é habitual, vaia estar dispoñible na meirande parte das plataformas de xogo actuais.
O novo xogo permitiranos controlar a Rey, Finn, BB-8, Kylo Ren, Han Solo e o resto dos personaxes de El Despertar de la Fuerza, revivindo a acción do filme dende o punto de vista LEGO, contando tamén con contido exclusivo para xogar que abarca o período entre os episodios VI e VII desta saga galáctica.
O xogo tamén introduce as multi-construcións (que permiten o uso de ladrillos de LEGO para abrir novos camiños e logo desmontalos) e as batallas de blásters (podendo empregar o contorno para cubrirse fronte aos ataques da Primeira Orde).

No xogo poderemos revivir grandes secuencias do filme orixinal

Tráiler do novo xogo de LEGO

PUBLICIDADE