El Fary lidera as vendas na SingStore

mércores, 14 de abril do 2010 Marcus Fernández

Que nos establecementos con karaoke existe unha serie de cancións imprescindibles é algo que non dubida ninguén, polo que non debería sorprender que tal tendencia trasládese ao mundo das consolas de videoxogos, de aí que cando Sony deu a coñecer a listaxe das 10 cancións máis descargadas o mes pasado na SingStore dende España moitos espeten un «era visto», xa que o tema líder en vendas non é outro que El Toro Guapo de El Fary, logrando superar a moitos outros temas en español e só un en inglés (o Poker Face de Lady Gaga, que conformouse cunha quinta posición).
A listaxe de cancións máis descargadas para o SingStar durante marzo quedou coma segue:
1. El Fary – El Toro Guapo
2. Coti – Antes que ver el sol
3. Marta Sánchez – Desesperada
4. Zenttric – Sólo Quiero Bailar
5. Lady Gaga – Poker Face
6. Bebe – Ella
7. Dúo Dinámico – Quisiera Ser
8. Paloma San Basilio – Juntos
9. Al Bano y Romina Power – Felicidad
10. Fito & Fitipaldis – La Casa Por El Tejado

PUBLICIDADE