El Rubius pon á venda un teclado mecánico
mércores, 18 de decembro do 2024
O célebre creador de contidos coñecido como El Rubius sorprendeu anunciando un produto desenvolvido baixo marca da súa propiedade Mad Kat (que non debemos confundir coa reputada marca Mad Catz, especializada en produtos para gaming). Trátase dun teclado mecánico que aseguran que foi personalizado polo propio Rubén Doblas, que estarÃa dispoñible para a súa reserva por tempo limitado (até o 5 de xaneiro ou fin de existencias) a un prezo de 99,99 euros, e que se entregarÃa aos compradores en marzo de 2025.
O teclado coñecido como Katboard, estarÃa dispoñible cun deseño en cor negra ou en cor amarela, terÃa teclas con distribución ISO español personalizadas (por exemplo, a tecla de Windows ten serigrafiadas as letras OMG, e las letras inclúe tamén caracteres hiragana), empregarÃa interruptores Kailh Red, contarÃa con retroiluminación, contarÃa cunha rolla de control de volume e ofrecerÃase con complementes como unha alfombra para o rato.
Estamos ante un produto que probablemente aproveite a tempada de Nadal para ter unhas vendas importantes polo seu atractivo como agasallo, e aÃnda que pode parecer un produto moi caro (de feito, é posible atopar modelos de teclado semellantes pola metade de prezo), non podemos esquecer que estamos ante un tipo de accesorio que normalmente xa se move en prezos elevados, e como mostra podemos ver como o tamén creador de contidos Nate Gentile puxo hai pouco á venda un teclado mecánico de grande calidade a un prezo de 350 euros, esgotando rapidamente as unidades dispoñibles (500).
- O novo teclado é de formato reducido e ten un deseño rechamante