Elden Ring é unha realidade
venres, 25 de febreiro do 2022
Un dos xogos máis esperados dos últimos tempos, Elden Ring,
por fin chega ás tendas nas súas versións para PS4, PS5, Xbox One, Xbox Series
X|S e PC, destacando o feito de que a versión de PS4 poderase actualizar de
balde a PS5, mentres que a versión para Xbox é compatible con Smart Delivery
(ou sexa, que só hai que adquirilo unha única vez e pode xogarse en ambas xeracións
de consola).
Esta creación de FromSoftware leva bastante tempo facendo ruÃdo, grazas tanto
polo estudio que o desenvolve (responsable das distintas entregas de Dark
Souls) como polo feito de que o creador de Game of Thrones, George
R. R. Martin, contribuÃu á construción do universo do xogo.
O xogo convÃdanos a percorrer as Terras Intermedias e desvelar os misterios do
poder do CÃrculo de Elden mentres hai que enfrontarse a temibles criaturas e
grandes adversarios. Poderemos crear o noso propio personaxe e definir o seu
estilo de xogo a partir dunha ampla oferta de armas, poderes e habilidades que iremos
atopando; e nos combates haberá unha grande disparidade de opcións, de xeito
que aseguran que estamos ante un sistema de xogo que definirá o xénero.
A expectación provocada por este xogo é especialmente visible en Steam, onde
o xogo chegou a experimentar un pico de 764.835 xogadores simultáneos, de xeito
que liderou case toda a xornada (situándose á altura de Counter-Strike: Global
Offensive e Lost Ark)
pese a que a versión para PC deste tÃtulo non parece estar especialmente
pulida, e xa tiveron que advertir de que o
xogo presenta fallos de rendemento que irán corrixindo nos vindeiros dÃas.
En calquera caso non podemos esquecer que estamos ante un xogo de rol de
aventura, cunhas caracterÃsticas moi marcadas (como un elevado nivel de
esixencia nos combates) que fai que esteamos ante un tÃtulo de nicho, que ten
grande relevancia e impacto na prensa especializada, pero que non pode
compararse cos auténticos supervendas do sector, que normalmente pertencen a xéneros
máis accesibles (como os deportes e a acción directa).
Tráiler de lanzamento de Elder Ring