Electronic Arts ofertará xogos para Xbox One mediante subscrición

martes, 29 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Electronic Arts está a explorar novos modelos de negocio, e hoxe anunciou un novo servizo lanzado en colaboración con Microsoft, EA Access, que consiste nunha oferta de videoxogos mediante subscrición que será exclusivo para Xbox One e que está a principiar o seu período de probas para un grupo limitado de usuarios.
Este servizo de subscrición desbloquea El Almacén, un lote cos mellores xogos de EA valorados en máis de 100 euros, que ofértanse por 3,99 euros/mes, e que inicialmente está composto por Madden NFL 25, FIFA 14, Battlefield 4 e Peggle 2, aos que se engadirán máis xogos en breve. De contratarse por un período anual o prezo do servizo reduciríase á metade.
Os subscritores de EA Access tamén poderán adquirir o contido dixital de Electronic Arts cun 10% de desconto, así como facilita o acceso a versións de proba dos novos xogos de EA 5 días antes da súa data de lanzamento, o que incluirá títulos como Madden NFL 15, NHL 15, FIFA 15, NBA LIVE 15 e Dragon Age: Inquisition, para facer doado decidir se queremos mercar estes xogos.

JPEG - 45.9 KB
EA Access ofrece xogos de Xbox One mediante subscrición mensual ou anual

PUBLICIDADE