Barlovento Comunicación ficha á galega Elena Neira
xoves, 7 de maio do 2026
A consulta audiovisual Barlovento Comunicación anunciou a incorporación da profesoras e investigadora Elena Neira como consultora especializada para impulsar os servizos profesionais da compañÃa arredor dos novos modelos de negocio audiovisuais e dos sistemas de distribución nun escenario marcado pola transformación tecnolóxica e a competencia entre plataformas.
A experta participará en distintos traballos de consultorÃa dixital e, ademais, asinará cada xoves a Carta semanal del streaming, unha nova publicación periódica dirixida aos subscritores da compañÃa centrada na evolución do mercado audiovisual.
Elena Neira é licenciada en Comunicación Audiovisual e en Dereito, doutora en Humanidades e Comunicación e profesora dos Estudos de Comunicación da UOC, ademais de impartir Distribución Audiovisual na UIC. A súa actividade investigadora céntrase en ámbitos como o streaming, as audiencias e o impacto da intelixencia artificial na industria audiovisual, dentro do grupo GAME.
Ao longo da súa traxectoria colaborou con numerosas empresas do sector audiovisual e publicou obras como El espectador social, La otra pantalla e Streaming Wars: la nueva televisión. Tamén é coautora de La revolución over the top. Del video bajo demanda (VoD) a la televisión por Internet e colaboradora habitual en distintas publicacións especializadas.
Neira destacou que inicia esta colaboración «con enorme ilusión e agradecemento a Barlovento Comunicación pola confianza depositada en min nun momento especialmente apaixonante e transformador para o sector». A investigadora considera que o ecosistema audiovisual atravesa «unha etapa de profunda evolución», marcada pola consolidación dos novos modelos de negocio, a redefinición das xanelas de distribución, a competencia global entre plataformas e o impacto da tecnoloxÃa e da intelixencia artificial nos hábitos de consumo e nas dinámicas da industria.
Tamén subliñou a importancia de contar cunha análise rigorosa e capacidade de anticipación nun mercado en constante cambio, e asegurou estar convencida de que esta nova etapa permitirá desenvolver «proxectos de gran valor» e contribuÃr ao debate sobre o presente e o futuro do audiovisual.
