ElevenLabs facilita a xeración automática de podcasts dende unha aplicación móbil
xoves, 28 de novembro do 2024
A primeiros de ano ElevenLabs lanzou unha aplicación de lectura de texto con voces xeradas mediante intelixencia artificial en 32 linguas, conseguindo narracións naturais de grande calidade, e avanzando nesta liña anuncian agora unha funcionalidade moi interesante: GenFM.
Falamos dunha ferramenta que, tras achegarlle un documento en formato PDF, un artigo, un libro electrónico e basicamente calquera texto, pode xerar unha conversa entre dúas voces a xeito de podcast, facilitando asà un achegamento ameno ás materias que queiramos explorar, de xeito que os narradores darán conta dos detalles máis relevantes dos textos subministrados dun xeito agradable de consumir.
Dende ElevenLabs apuntan ao feito de que esta nova funcionalidade pode resultar de utilidade para escoitar escolmas de novas para consumir durante os nosos desprazamentos, explorar libros a través de crÃticas dos mesmos, converter material de estudo en son que poder escoitar de camiño a clase para ir repasando, aprender un idioma e a súa pronuncia ou, simplemente, transformar contidos do noso interese nun formato que poidamos consumir en momentos nos que non podemos ler.
A funcionalidade de creación de podcasts está dispoñible polo momento na aplicación para iOS e iPadOS, prevéndose que chegue á aplicación para Android nas vindeiras semanas.
VÃdeo de presentación de GenFM