ElevenLabs presenta unha ferramenta de creación musical mediante IA
martes, 5 de agosto do 2025
ElevenLabs presentou hoxe Eleven Music, unha ferramenta que marca un novo chanzo na súa aposta por converterse na plataforma de audio con intelixencia artificial máis completa do mundo. A novidade permite que calquera usuario, sexa creador, artista ou empresa, poida xerar música con calidade de estudio a partir de simples indicacións en linguaxe natural coa garantÃa de non vulnerar os dereitos de propiedade intelectual (do que acusan a plataformas semellantes como Suno e Udio).
A proposta de Eleven Music destaca pola liberdade creativa que ofrece: permite escoller o xénero, o estilo, a estrutura da canción e decidir se incluÃr ou non voces, asà como elixir entre múltiples idiomas (aÃnda que a pronuncia en galego ten moito que mellorar). Ademais, é posible editar tanto as letras como o son de partes concretas da canción ou da composición enteira.
Eleven Music foi desenvolvido en colaboración con selos discográficos, editoras e artistas, o que permite que a música xerada estea habilitada para a maiorÃa dos usos comerciais, incluÃndo cine, televisión, podcasting, vÃdeos para redes sociais, publicidade e videoxogos.
A ferramenta xa está dispoñible na web de ElevenLabs e a compañÃa avanzou que pronto integrará o servizo na súa plataforma de IA conversacional, asà como mediante unha API pública.
VÃdeo promocional de Eleven Music
